SUBVENCIÓN CONSELLERÍA DO MAR VIGILANCIA 2023-2024

DIVULGACIÓN DO PROXECTO DE VIXILANCIA DE ACORDO COAS INSTRUCCIONS DA DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO E COA ORDE DE 18 DE OCTUBRE DE 2023.

Con data 27-12-2023, a Consellería  do Mar concedeu unha subvención á Confraria de Pescadores de Raxó por importe de 17.397,60 € para cubrir os gastos da vixilancia (contratación dun gardapesca marítimo e o equipamiento de xeolocalización por GPS) para o periodo comprendido entre o 01-07-2023 ata o 30-06-2024.

O presente proxecto ten coma obxectivo principal a xestión responsable e sostible dos recursos e hábitats costeiros,  con accións concretas coma a vixilancia e control da extracción de moluscos dos bancos marisqueiros, o control do estado sanitario do recurso, ademais de moitas outras xa especificadas pero sen estas dúas concretas non sería posible levar a cabo a actividade marisqueira diaria,  sempre de acordo co plan de xestión aprobado nin se podería garantir a salubridade do producto,  polo que a administración non estaría en situación de autorizar a súa recollida e venda.

Desde este punto de vista, o impacto productivo,  económico é social do proxecto resulta evidente.

O seguimento continuo das zonas de traballo para comprobar a súa situación e o inventario que se realiza de especies, impactos, estado epidemiolóxico e demais, permiten garantir o bo estado ambiental do ecosistema e do recurso,  cumprindo outro dos obxectivos do proxecto e mantendo un seguimento ambiental moi importante de cara ó futuro e a unha construción de series históricas de datos que axuden na xestión da zona a todos os niveis mediante a coloboración coa Asistencia Técnica. Este seguimento continuo tamén resulta fundamental no aproveitamento máximo do recurso sen chegar ós límites de risco na súa explotación.

A nivel social e medioambiental a formación do sector en prácticas respectuosas co medio e coa sustentabilidade do recurso, así como a divulgación a outros sectores da sociedade, terá un impacto moi positivo no medio e longo prazo,  sendo xa notables as melloras neste aspecto nestes momentos.

A vixilancia permite manter o control da actividade,  freando o furtivismo interno e externo,  coa emisión das correspondentes actas de incidencia. Esta tarefa é fundamental para conseguir unha axeitada explotación dos recursos, facendo tamén unha labor pedagóxica e disuasoria diaria.

O porcentaxe da axuda concedida e do 75% por parte da Unión Europea e do 25% por parte da Consellería do Mar de la Xunta de Galicia.

Comunicación ayuda vigilancia 01-07-2023 a 30-06-2024 a los socios de la cofradía