A Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o FEMPA da Unión Europea veñen de conceder a Confraría de Pescadores de Raxó unha axuda con data 11-06-2026 para recuperación da estructura sedimentaria e a biodiversidade dos bancos de marisqueo a flote da Ría de Pontevedra.
Esta axuda é por un importe de 75.000,00 € a repartir nas anualidades 2026 (56.250,00 €) e 2027 (18.750,00 €) aportando o FEMPA da Unión Europea o 70% e a C.A. de Galicia o 30%. Os obxectivos xerais son a recuperación da estructura e a biodiversidade nos bancos da Brensa, Aguillóns, Tambo Norte, Cantís, Cantil de Lourizán e Río Lérez no plan de xestión a flote do marisqueo e os obxectivos específicos:
Favorecer a osixenación e resuspensión da fracción máis fina do sedimento, control da poboación de depredadores co emprego de nasas, retirada de cunchas de mexillón, remoción do substrato mediante arados, mellorando así as condicións para que se incremente a biodiversidade, empregando a embarcación denominada Lonxa de Campelo 5ªVILL-3-4-16.
EXPEDIENTE: PE209B-2026-00009
