Archivo de la categoría: Pesca Artesanal

AYUDAS DIPUTACION DE PONTEVEDRA 2026 A LAS COFRADÍAS DE PESCADORES DE LA PROVINCIA.

Con data 19-06-2026 a Excma Diputación de Pontevedra ven de conceder a Confraría de Pescadores San Gregorio de Raxó unha axuda:

    • Destinada a cubrir parte da inversión destinada a adquisición de 30 contedores dun metro cúbico para gardar redes de pesca: 5.868,00 €

A Confraría de Pescadores de Raxó en nome dos seus Órganos de Goberno quere agradecer públicamente a axuda concedidas pola Excelentísima Diputación de Pontevedra neste ano 2026 que será destinada a cubrir parte da adquisición de 30 contedores dun metro cúbico para que as embarcacións de artes menores asociadas a confraría con porto base en Combarro podan gardar as súas artes de pesca.

Os contedores irán serigrafiados co logo da Diputación de Pontevedra e da confraría e tamén estará numerados do 001 ao 030

Publícase o cartel coas axuda concedida por parte da Excma. Diputación Provincial de Pontevedra.

 

 

 

 

 

SUBVENCION DA CONSELLERÍA DO MAR E DA UNIÓN EUROPEA PARA A REALIZACIÓN DE CURSOS PARA OS PROFESIONAIS DO MAR

CON DATA 30-11-2022 A CONSELLERÍA DO MAR (DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO) CONCEDEULLE Á CONFRARIA DE RAXÓ UNHA AXUDA DE 10.980,00 € PARA A REALIZACIÓN DE TRES CURSOS PROFESIONAIS,  UN DE FORMACIÓN SANITARIA INICIAL, UN DE ACTUALIZACION DA FORMACION SANITARIA INICIAL E UN DE OPERADOR RESTRINXIDO DE RADIO SISTEMA SMSSM, TODOS ELES DESTINADOS A OS PROFESIONAIS DO MAR.

GRACIAS A ESTA AXUDA OS PROFESIONAIS DO MAR QUE PRECISEN FACER ESTES CURSOS SANITARIOS DE FORMACIÓN INICIAL OU ACTUALIZAR O QUE XA TEÑAN FEITO E TAMÉN FACER O CURSO DE OPERADOR DE RADIO PODERÁN ASISTIR OS MESMOS NO SALÓN DE ACTOS DA CONFRARÍA DE RAXÓ NAS DATAS ENTRE O 25 E O 29 DE ABRIL DE 2023 PARA OS CURSOS SANITARIOS E DO 18 DE MAIO AO 1 DE XUÑO DE 2023 PARA O DE RADIO E ACADAR ASÍ A FORMACIÓN SUFICIENTE E NECESARIA PARA PODER DESPACHAR AS SÚAS EMBARCACIÓNS TANTO COMA ARMADORES OU COMA PERSOAL ENROLADO SEGUNDO A LEXISLACIÓN VIXENTE.

A SUBVENCIÓN ESTA FINANCIADA NUN 25% POLA CONSELLERÍA DO MAR (2.745,00 €) E NUN 75% POLO FEMP DA UNIÓN EUROPEA (8.235,00 €).