A Consellería do Mar ven de conceder á Confraría de Pescadores de Raxó con data 10-06-2026, unha axuda de 14.995,01 € destinada a sementeira de ameixa xaponesa nos bancos de o Cantil de Combarro e Combarro durante o ano 2026.
A sementeira farase con 833.056 unidades de semente de ameixa xaponesa de 15 a 18 mm que servirá a empresa Proameixa Fernández SL, o prazo de execución será entre 0 28-01-2026 e o 31-10-2026.
Esta axuda está financiada ó 100% pola Consellería do Mar, regulada pola Orde de 18 de decembro de 2025 (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2026) e número de expediente PE209H-2025-00007.
A sementeira fíxose o día 03-07-2026 nas zoas autorizadas na Resolución da Consellería do Mar pola que se autoriza a inmersión de especies mariñas número de expediente PE404A-2026-00760 de data 03-07-2026 as 10:22:50




