Archivo por meses: diciembre 2021

SUBVENCION DA CONSELLERIA DO MAR E DO FEMP PARA A COMPRA DE DUAS TRASPALETAS INOX PARA O MOVEMENTO DE CARGAS NOS PEIRAOS DA CONFRARIA DE RAXÓ

A CONSELLERÍA DO MAR CON DATA 29-10-2021 CONCEDEU UNHA AXUDA A CONFRARIA DE PESCADORES DE RAXÓ  SEGUNDO O PROXECTO PRESENTADO O 09-09-2021 E DENOMINADO:

«MOVEMENTO DE CARGAS NAS INSTACIONS PESQUEIRAS E MARISQUEIRAS DA CONFRARIA DE RAXO»

O PROXECTO ESTA COFINANCIADO POLA CONSELLERÍA DO MAR E POLO FEMP DA UNIÓN EUROPEA  E CONSISTE NA FINANCIACIÓN PARA A COMPRA DE DUAS TRASPALETAS EN INOX PARA O MOVEMENTO DE CARGAS NOS PORTOS DO ÁMBITO TERRITORIAL DA CONFRARIA DE RAXÓ.

O PROXECTO APROBADO TEN O NÚMERO DE EXPTE: PE209G-2021/5

 IMPORTE CONCEDIDO E DE: 4.280,00 €

O porcentaxe da axuda concedida e do 75% por parte da Unión Europea (FEMP) e do 25% por parte da Consellería do Mar de la Xunta de Galicia.

SUBVENCIÓN CONSELLERÍA DO MAR E FEMP VIGILANCIA PE209C-2021F-011 (1-7-2021 a 30-06-2023)

CARTEL DIFUSIÓN PROYECTO VIGILANCIA COFRADIA DE RAXO PERIODO 1-7-2021 A 30-06-2023DIVULGACIÓN DO PROXECTO DE VIXILANCIA DE ACORDO COAS INSTRUCCIONS DA DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO E COA ORDE DE 10 DE XUÑO DE 2021.

Con data 05-11-2021, a Consellería  do Mar concedeu unha subvención á Confraria de Pescadores de Raxó por importe de 34.374,48 € para cubrir os gastos da vixilancia (contratación dun gardapesca marítimo e o equipamiento de xeolocalización por GPS) para o periodo comprendido entre el 01-07-2021 ata o 30-06-2023.

O presente proxecto ten coma obxectivo principal a xestión responsable e sostible dos recursos e hábitats costeiros,  con accións concretas coma a vixilancia e control da extracción de moluscos dos bancos marisqueiros, o control do estado sanitario do recurso, ademais de moitas outras xa especificadas pero sen estas dúas concretas non sería posible levar a cabo a actividade marisqueira diaria,  sempre de acordo co plan de xestión aprobado nin se podería garantir a salubridade do producto,  polo que a administración non estaría en situación de autorizar a súa recollida e venda.

Desde este punto de vista, o impacto productivo,  económico é social do proxecto resulta evidente.

O seguimento continuo das zonas de traballo para comprobar a súa situación e o inventario que se realiza de especies, impactos, estado epidemiolóxico e demais, permiten garantir o bo estado ambiental do ecosistema e do recurso,  cumprindo outro dos obxectivos do proxecto e mantendo un seguimento ambiental moi importante de cara ó futuro e a unha construción de series históricas de datos que axuden na xestión da zona a todos os niveis mediante a coloboración coa Asistencia Técnica. Este seguimento continuo tamén resulta fundamental no aproveitamento máximo do recurso sen chegar ós límites de risco na súa explotación.

A nivel social e medioambiental a formación do sector en prácticas respectuosas co medio e coa sustentabilidade do recurso, así como a divulgación a outros sectores da sociedade, terá un impacto moi positivo no medio e longo prazo,  sendo xa notables as melloras neste aspecto nestes momentos.

A vixilancia permite manter o control da actividade,  freando o furtivismo interno e externo,  coa emisión das correspondentes actas de incidencia. Esta tarefa é fundamental para conseguir unha axeitada explotación dos recursos, facendo tamén unha labor pedagóxica e disuasoria diaria.

O porcentaxe da axuda concedida e do 75% por parte da Unión Europea e do 25% por parte da Consellería do Mar de la Xunta de Galicia.