Archivo por meses: agosto 2025

SUBVENCION PROYECTO VIGILANCIA COFRADIA DE RAXO 2025-2026

DIVULGACIÓN DO PROXECTO DE VIXILANCIA DE ACORDO COAS INSTRUCCIONS DA DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO E COA ORDE DO 9 DE ABRIL DE 2025.

Con data 05-08-2025, a Consellería  do Mar concedeu unha subvención á Confraria de Pescadores de Raxó por importe de 20.913,00 € para cubrir parte dos gastos da vixilancia (contratación dun gardapesca marítimo e o equipamiento de xeolocalización por GPS) para o periodo comprendido entre o 01-07-2025 ata o 30-06-2026.

O presente proxecto ten coma obxectivo principal a xestión responsable e sostible dos recursos e hábitats costeiros,  con accións concretas coma  son a vixilancia e control da extracción de moluscos dos bancos marisqueiros, o control do estado sanitario do recurso, ademais de moitas outras xa especificadas pero sen estas dúas concretas, non sería posible levar a cabo a actividade marisqueira diaria,  sempre de acordo co plan de xestión aprobado, nin se podería garantir a salubridade do producto,  polo que a Administración non estaría en situación de autorizar a súa recollida e venda.

Dende este punto de vista, o impacto productivo,  económico é social do proxecto resulta evidente.

O seguimento continuo das zonas de traballo para comprobar a súa situación e o inventario que se realiza de especies, impactos, estado epidemiolóxico e demais, permiten garantir o bo estado ambiental do ecosistema e do recurso,  cumprindo outro dos obxectivos do proxecto e mantendo un seguimento ambiental moi importante de cara ó futuro e a unha construción de series históricas de datos que axuden na xestión da zona a todos os niveis,  mediante a coloboración coa Asistencia Técnica.

Este seguimento continuo tamén resulta fundamental no aproveitamento máximo do recurso, sen chegar ós límites de risco na súa explotación.

A nivel social e medioambiental a formación do sector en prácticas respetuosas co medio e coa sustentabilidade do recurso, así coma a divulgación a outros sectores da sociedade, terá un impacto moi positivo no medio e longo prazo,  sendo xa notables as melloras neste aspecto nestes momentos.

A vixilancia permite manter o control da actividade,  freando o furtivismo interno e externo,  coa emisión das correspondentes actas de incidencia en caso necesario. Esta tarefa é fundamental para conseguir unha axeitada explotación dos recursos pesqueiros e marisqueiros, facendo tamén unha labor pedagóxica e disuasoria diaria nas praias, especialmente no vran. A Confraría de Raxó elabora un cuadrante diario coas zonas a vixilar no seu ámbito territorial e os tempos adicados  esta labor  que se lle traslada ao  servizo de vixilancia da confraría e ao Xefe dos Gardacostas da Xunta de Galicia na ría de Pontevedra para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Prioridade 1– Fomentar a pesca sustentable e a recuperación e conservación dos
recursos biolóxicos acuáticos.

O.E. 1.1– Reforzar as actividades pesqueiras que sexan económica, social e
ambientalmente sustentables.
Medida 1.1.1. – Xestión sustentable dos recursos pesqueiros. Fomentar a pesca
sustentable e a recuperación e conservación dos recursos.

O porcentaxe da axuda concedida e do 70% por parte da Unión Europea (FEMPA) e do 30% por parte da Consellería do Mar de la Xunta de Galicia.