A Confraría de Pescadores de Raxó presentou un proxecto para impartir un curso de operador restrinxido do SMSSM para doce alumnos/as. Con data 19-06-2026 a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro concedeulle unha axuda por importe de: 6.334,40 € -Operador/a restrinxido/a SMSSM por importe de: 5.920,00 € -Custos indirectos (7%) por importe de: 414,40 € O expediente é o PE610A-2026-00035 celebrándose o mencionado curso entre o 09-10-2026 e o 03-11-2026 na aula de confraría. Este curso vai dirixido a adquisición de novos coñecementos e capacidades que impulsen a competitividade do sector o desenvolvemento profesional e mellores condicións laborais dos asociados da confraría.


