Con data 18-11-2026 a Consellería do Mar concedeu unha axuda á Confraria de Pescadores de Raxó por importe de 21.193,00 € para cubrir parte dos gastos da vixilancia (contratación dun gardapesca marítimo e o equipamiento de xeolocalización por GPS) para o periodo comprendido entre o 01-07-2026 ata o 30-06-2027, este proxecto ten coma obxectivo contribuir a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable, cos requisitos e nas condicións seguites:
1- Fomentar unha pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos.
1.1- Reforzar as actividades pesqueiras que sexan económica, social e ambientalmente sustentables.
A vixilancia permite manter o control da actividade, freando o furtivismo interno e externo, coa emisión das correspondentes actas de incidencia en caso necesario. Esta tarefa é fundamental para conseguir unha axeitada explotación dos recursos pesqueiros e marisqueiros, facendo tamén unha labor pedagóxica e disuasoria diaria nas praias, especialmente no vran. A Confraría de Raxó elabora un cuadrante diario coas zonas a vixilar no seu ámbito territorial e os tempos adicados esta labor que se lle traslada ao servizo de vixilancia da confraría e ao Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia para o seu coñecemento e efectos oportunos.
A porcentaxe da axuda concedida e do 70% por parte da Unión Europea (FEMPA) e do 30% por parte da Consellería do Mar de la Xunta de Galicia.
