SUBVENCIÓN VIGILANCIA AÑO 2024-2025

DIVULGACIÓN DO PROXECTO DE VIXILANCIA DE ACORDO COAS INSTRUCCIONS DA DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO E COA ORDE DO 20 DE OUTUBRO DE 2024.

Con data 29-11-2024, a Consellería  do Mar concedeu unha subvención á Confraria de Pescadores de Raxó por importe de 17.454,00 € para cubrir os gastos da vixilancia (contratación dun gardapesca marítimo e o equipamiento de xeolocalización por GPS) para o periodo comprendido entre o 01-07-2024 ata o 30-06-2025.

O presente proxecto ten coma obxectivo principal a xestión responsable e sostible dos recursos e hábitats costeiros,  con accións concretas coma a vixilancia e control da extracción de moluscos dos bancos marisqueiros, o control do estado sanitario do recurso, ademais de moitas outras xa especificadas pero sen estas dúas concretas non sería posible levar a cabo a actividade marisqueira diaria,  sempre de acordo co plan de xestión aprobado nin se podería garantir a salubridade do producto,  polo que a administración non estaría en situación de autorizar a súa recollida e venda.

Desde este punto de vista, o impacto productivo,  económico é social do proxecto resulta evidente.

O seguimento continuo das zonas de traballo para comprobar a súa situación e o inventario que se realiza de especies, impactos, estado epidemiolóxico e demais, permiten garantir o bo estado ambiental do ecosistema e do recurso,  cumprindo outro dos obxectivos do proxecto e mantendo un seguimento ambiental moi importante de cara ó futuro e a unha construción de series históricas de datos que axuden na xestión da zona a todos os niveis mediante a coloboración coa Asistencia Técnica. Este seguimento continuo tamén resulta fundamental no aproveitamento máximo do recurso sen chegar ós límites de risco na súa explotación.

A nivel social e medioambiental a formación do sector en prácticas respectuosas co medio e coa sustentabilidade do recurso, así como a divulgación a outros sectores da sociedade, terá un impacto moi positivo no medio e longo prazo,  sendo xa notables as melloras neste aspecto nestes momentos.

A vixilancia permite manter o control da actividade,  freando o furtivismo interno e externo,  coa emisión das correspondentes actas de incidencia. Esta tarefa é fundamental para conseguir unha axeitada explotación dos recursos, facendo tamén unha labor pedagóxica e disuasoria diaria.

Prioridade 1- Fomentar a pesca sustentable e a recuperación e conservación dos
recursos biolóxicos acuáticos.

O.E. 1.1- Reforzar as actividades pesqueiras que sexan económica, social e
ambientalmente sustentables.
Medida 1.1.1. – Xestión sustentable dos recursos pesqueiros. Fomentar a pesca
sustentable e a recuperación e conservación dos recursos.

O porcentaxe da axuda concedida e do 70% por parte da Unión Europea e do 30% por parte da Consellería do Mar de la Xunta de Galicia.